20% OFF shipping at www.msgmotorrad.de on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.msgmotorrad.de
home > LIBRO DO PORTOVELLO > LIBRO DO PORTOVELLO
download picture
LIBRO DO PORTOVELLOO Portovello, situado na marxe dereita do Mio, preto da desembocadura do ro Loa, foi o mis antigo dos dous portos fluviais que servan cidade de Ourense, e va principal para o paso de mercancas, fundamentalmente vio, cara a Compostela. Coa reconstrucin da Ponte a mediados do sculo XIII, perde boa parte da sa importancia como va de paso, protagonismo que recupera en 1431 cando se derruba o arco central da ponte e esta queda intransitable. neste contexto
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
O Portovello, situado na marxe dereita do Miño, preto da desembocadura do río Loña, foi o máis antigo dos dous portos fluviais que servían á cidade de Ourense, e vía principal para o paso de mercancías, fundamentalmente viño, cara a Compostela.  

Coa reconstrución da Ponte a mediados do século XIII, perde boa parte da súa importancia como vía de paso, protagonismo que recupera en 1431 cando se derruba o arco central da ponte e esta queda intransitable. É neste contexto no que se redacta o Libro do Portovello [ACO] para recoller a documentación do preito no que o cabido e o bispo aurienses disputan o control da barca do Porto Vello e das rendas de pasaxe derivadas do seu uso. O Libro , redactado en galego e, en menor medida, castelán, cunha estilizada letra cortesá, recolle trinta documentos, datados entre 1394 e 1431, estruturados en tres bloques. O primeiro inclúe o nomeamento dos homes bos que actúan como xuíces árbitros do preito e a presentación de procurador, testemuñas e documentación das partes; o segundo está centrado na probanza coa declaración das testemuñas do bispo, e o terceiro recolle a sentenza a favor do cabido, o acatamento do procurador do bispo e a toma de posesión da barca realizada polos representantes capitulares. O Libro do Portovello forma parte da colección Gallaeciae Monumenta Historica do Consello da Cultura Galega, dedicada á edición de textos documentais medievais. É herdeira da vella serie de Fontes documentais para a historia de Galicia, editada en papel, coa que a institución, desde os seus comezos, foi poñendo a disposición dos investigadores un rico acervo de textos medievais galegos, distribuídos por todo o arco temporal e procedentes de toda a xeografía de Galicia. Os textos medievais galegos editados, dentro e fóra da nosa colección, son só unha parte mínima dos “moitos carros de instrumentos galegos” —en expresión do padre Sarmiento— que agardan ser desvelados. Eles agochan as angueiras da vida cotiá, as preocupacións sociais e as vicisitudes históricas dos nosos devanceiros; tamén o día a día da evolución da lingua. É por iso unha tarefa á que cómpre dar continuidade, con edicións realizadas por especialistas e de acordo cos estándares científicos ao uso, e a iso quere seguir contribuíndo a colección Gallaeciae Monumenta Historica. Trátase, en última instancia, de dar cumprimento a un dos mandatos fundacionais do Consello de Cultura Galega: facer accesibles á cidadanía de Galicia os produtos máis valiosos da cultura propia e universal. A colección é homónima do proxecto Gallaeciae Monumenta Historica, un recurso colaborativo que permite achegarse á documentación medieval á procura dos propios textos e da súa forma lingüística, mais tamén, mediante un rico sistema de buscas, obter información sobre persoas, lugares e unha relación de materias. Ofrécese en aberto e achega, ademais, un conxunto crecente de textos complementarios sobre a sociedade e escrita medieval ou de teor metodolóxico.

O lugar do Portovello

O Portovello é un dos varios lugares polos que se podía cruzar o río Miño na Ourense medieval, á parte da vella ponte, sempre pagando peaxe. Polo vao, podía pasarse a pé, con maior ou menor dificultade, especialmente na estiaxe do verán. Pero ademais o Portovello é un porto fluvial, no que tamén andaban barqueiros trasladando dunha beira a outra persoas, animais e mercadorías. O preito que recolle o Libro do Portovello xorde a raíz da importancia que cobra este paso cando un dos arcos da Ponte de Ourense colapsou . O único vestixio actual do Portovello é a ermida protectora construída preto do paso que, coma noutros casos, atraía a devoción de camiñantes e outros fieis.

____

Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Gallego

LIBRO DO PORTOVELLO

Item no : 43128544661
sold recently : Login >>
US$ 29.62
Pay in 4 interest-free payments of $7.41 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 22 - Jun 27

Enjoy 20% off shipping

US$ 29.62

1-11

US$ 26.66

12-35

US$ 20.73

36-59

US$ 17.77

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches