Shopping security
Unha Viaxe por Galicia' que recopila os cadernos de campo que mostran os esbozos e notas inéditas deste arquitecto sobre as súas viaxes por Galicia, Norte de Portugal e España.
Trátase dun Antonio Palacios debuxante e pintor, autor de numerosas acuarelas, cadros e bocetos.
|
O historiador Xosé Ramón Igrexas Veiga logrou sacar á luz estes traballos, que pertencen a unha colección privada e que ata agora non se puideron ver nun espazo público. «Son debuxos inéditos dunha importancia extraordinaria», destaca o experto na obra de Palacios. «O máis interesante a nivel historiográfico son os cadernos de campo que mostran os bocetos e apuntes totalmente inéditos que o arquitecto realizou nas súas viaxes pola xeografía galega, española e portuguesa», engade. Igrexas Veiga explica que esta faceta só era coñecida polos artigos que publicou o propio arquitecto e por testemuños dalgúns amigos seus, como Valentín Paz Andrade, que lle acompañou en numerosas ocasións nos seus percorridos pola xeografía galega e portuguesa. «Os debuxos demostran que tamén mirou cara á arquitectura popular, non só fixábase nas grandes obras monumentales, senón que tamén debuxaba cachotes, muros de mampostería », apostila José Ramón Igrexas, cuxa teses doctoral está centrada na obra de Antonio Palacios
|
____
Editorial: EngaiolarteShips within 48 hours · Estimated delivery Jun 23 - Jun 28
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order